Esborrexo
nas gadoupas dos teus beizos
cando
o termo maldito,
lembranza
inerte e testemuña das lousas do tempo,
emana
en cada fonema coma un flegmático veriño,
condenándome,
por sempre, por mor do meu sangue,
a
ser a Medea do teu apólogo baldío.
Degaxo,
paseniño, a luz do sol sobre a auga xélida do teu mar,
bambeando
na pegañenta tea de promisións,
fiucega
ante a alfa que precede a treboada,
ante
a sentenza inicua da egrexia meiga convertida en voaxa.
Bafexo
o ar das túas mans estériles azamelando a vida,
cravando
as unllas nas engurras que enfeitan os ollos
mentres
os ocasos mortos arrolan, velaíño,
o
degoxo da salagre palabra.
E
río.
Perdida.
Mentres
as labaradas morden os pés da filla de Idia,
os
meus pés,
na
eterna noite de xuño.
Veronica
Pousada Pardo. En Fundido en malva. Wanceulen Ed. 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario